GRAMÁTICA DO IDIOMA GALEGO POR M. LUGRÍS FREIRE
Xa pode descargar en formato PDF o facsímile da 2ª edición corrixida e aumentada da Gramática do Idioma Galego de Manuel Lugrís Freire (1931). [http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/lugris.pdf] Con esta iniciativa o Consello da Cultura Galega quere unirse á homenaxe que este ano se lle está a render a M. Lugrís con motivo do Día das Letras Galegas e ao mesmo poñer de relevo a importancia da citada Gramática, a primeira obra destas características escrita en lingua galega e realizada, desde a perspectiva prescritiva, coa clara vocación de contribuír á elaboración dun modelo de galego culto e literario.
Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia Consello da Cultura Galega R/ Galeras, 13 – 3º andar, porta 3 15705 Santiago de Compostela A Coruña - Galicia (España)
|
Por lobitogabriel - 17 de Mayo, 2006, 6:55, Categoría: periodico
Enlace Permanente
| Comentar
| Referencias (0)
|